Por que non Windows¶
Windows e Office funcionan ben. Para que preocuparse por iso?
-
Restricións
Unha copia legal de Windows é cara, pero que se obtén? Windows e Office teñen licenza, non se venden.
Ao usar estes produtos, temos que aceptar unha serie de restricións severas. Para a maioría das licenzas de Windows, non podes conservar o software cando cambias o hardware. Ás veces nin sequera podes regalar o teu software. Quen pode executar o software? En que ordenador? Que podes facer con el? A lista de restricións é longa e algúns elementos son escandalosos.
-
Sen código fonte
O código fonte de Windows e Office están ocultos, polo que ninguén pode entender como funcionan estes programas.
Se non podes obter o dereito de inspeccionar o código fonte (o funcionamento interno lexible polos humanos dun programa), non podes pedirlle a alguén que corrixa os defectos nin que avalíe como se protexe a túa privacidade.
E adiviña que? No software que vén con código fonte, os virus e o spyware non son efectivos, e a seguridade non se compra de máis. A industria do software antivirus, na que Microsoft é agora un actor importante, prefire que uses Windows.
-
E que pasa coa escolla?
O software debería vir sen bloqueos.
Por que é difícil exportar os documentos de Office? Por que os formatos cambian continuamente? Por que nin sequera se poden desinstalar algúns programas? Pode ser que, se buscas opcións, os produtos de Microsoft non sexan para ti.
-
Defende unha sociedade libre
Para unha sociedade libre, o software que empregamos debe ser libre. Non “free” en canto ao prezo, senón “free” en canto á liberdade: a liberdade de controlar as ferramentas que empregamos para compartir as nosas ideas, cultura e información.
Hoxe en día, ese control está a ser eliminado. A propia idea de ser propietario do teu ordenador está a ser substituída por un modelo de arrendamento dixital, onde o fabricante establece as regras.
O software moderno ofrece comodidade, pero esixe cada vez máis a túa liberdade como prezo de entrada.
Consello
Moita xente considera que Windows, un software por outra banda decente, retíralles tantos dereitos que non paga a pena usalo. macOS tampouco é moito mellor.
Se che resulta atractivo o software libre, quizais queiras probar GNU/Linux.