E que pasa co código fonte?¶
O código fonte detalla o funcionamento dun programa (é, en realidade, o que escriben os programadores). Sen el, ninguén pode entender como se constrúe o software. Non importa se non podes ler o código: o feito de que estea dispoñíbel ou non afecta directamente a calquera usuario.
Ninguén pode mirar dentro¶
Windows vén sen o seu código fonte. Máis que iso: todos os usuarios deben cumprir os termos da licenza que di:
Non podes aplicar enxeñaría inversa, descompilar nin desensamblar o software.
Polo tanto, é ilegal descubrir como están deseñados Windows ou Microsoft Word. Incluso é ilegal intentalo. Tamén está prohibido modificar o programa para calquera propósito.
Esta restrición na licenza garante que Microsoft siga sendo a única organización que entende como funcionan os seus produtos. Windows é moi parecido a un coche que só o fabricante orixinal ten permiso para reparar.
Poderías dicir: “Como cambio esta receita para quitarlle o sal?” e o gran cociñeiro respondería: “Como te atreves a insultar a miña receita, filla do meu cerebro e do meu padal, intentando manipulala? Non tes o criterio para cambiar a miña receita e facela funcionar ben!”
Richard Stallman, Why Software Should Be Free
Podes confiar no software libre¶
Non é de estrañar que o software propietario teña graves carencias en termos de seguridade, en comparación co software cuxo código fonte está dispoñíbel gratuitamente (incluído GNU/Linux).
O software libre significa que os programadores poden cambiar o código para reparar fallos. Significa que podes contratar a alguén para comprobar realmente o seguro que é o teu software. Significa que podes beneficiarte das contribucións dunha comunidade mundial para mellorar a seguridade e a fiabilidade. Quince millóns de usuarios executan GNU/Linux sen antivirus, con total seguridade. E os servidores detrás dos motores de busca e dos bancos tamén funcionan con el.
O código fonte é a receita para o software. Como se podería mellorar unha comida con demasiado sal se se lle prohibía mirar a receita empregada para cociñala?
Usar Windows e Office require que non preguntemos nin busquemos a fonte do software. Só os desenvolvedores de Microsoft poden modificar o teu programa.
En que preferirías confiar: no paquete que tes prohibido estudar ou no paquete coa receita?